jueves, 16 de junio de 2016

Gústame !!!!!






Son desas ás que lles gusta beber cervexa, chupitos e queimar pitillos:

Xuntarse con descoñecidos  e desface-lo mundo.

Gústame desbocarme cando se me sae a alma do pelexo,

E que os días de choiva sirvan para ir de charco en charco,
con catiúscas vellas.

Ir de festi e poñerlle nome ós meus tenis;

Que ninguén me diga quen son nin o que teño que facer.

Gústanme os vestidos lilas, as saias curtas e os pantalóns longos,

Gústame o monte á noite e á alba.

Gozo das posibilidades que se abren ante min cando comezo a saír do túnel.

Gozo de trampear algunha noite e de “mañanear” ó carón de boa xente.


Vivo actos mínimos de rebelión e gravo, a ferro, na miña memoria

ás nenas que dende piollas se poñen firmes sobre as súas pernucas.


Sedúcenme as mentes afiadas coma coitelos, as xentes que loitan,

pola súa vida e pola súa terra.


Adoro verte cada día en pé dicindo “queda moita pedra por picar”.



E a todo o resto do mundo danme ganas de lles dicir berrando:


¿Tí que cona fas?.


No hay comentarios:

Publicar un comentario