As raposas da
noite mesta están
Con cen
navallas abertas, listas
Para
rompérvo-la alma, toda
enteira, cando
o tempo o diga.
Pechade as
bocas, pechade os nosos ollos
Que non seredes
quen de pecha-las feridas
Nin permiso do
ceo, nin aprobación dos homes
Habedes morrer
todos pasando pola nosa fouce
Espérovos un a
un nunha escura corredoira
Nin sonhedes
con que cando durmo esquezo;
Esterco sodes
para o meu xardín de rosas!
Pagade o prezo
da man alzada
Contra as nais
dos novos días
Pagade o prezo
de tanta inxustiza
Que non
descansaremos ata vervos
Feridos de
morte, ata vervos
A todos
enterrados en vida
E cando
tenhades cumprida a pena
Cando paguedes
pola vosa inxustiza
Caeredes coma
sacos na nosa desidia
Non seredes
máis que carne morta...
Non seredes
máis que recordo diso que
Un día fostes,
o recordo dunha vida.