sábado, 5 de octubre de 2013

Poema 22 de Cantares Gallegos Revisited


Sigo cos sonhos de nena nun corpo xa cansado
As engurras dos bordes dos ollos mostran o peso dos anos
Nin libre, nin tola, nin boa, fíxose a vida nestes panos

Son días de sol e de choiva, é o paso dos anos

E non hai xa nin deuses nin estados que ceiben a angustia que
Poidan  pagárno-lo prezo da soidade vivida do que un día deixamos

E buscamos fóra de nós aseguridade de antano
Vidas copadas de morte cun único caminho
Que empurra forte forte cara o desengano.

Non pensedes vós que todo o tendes que imos morrer caladas

Esperade fachos acesos, noites longas de diaños
Sabede que as que somos non deixaremos os nosos cravos
Roubádenos as verbas roubade tamén a terra e os lagos
Que todo ha voltarvos por cen multiplicado…

Que aquí estamos as que aínda non abandonamos
Que aquí seguimos as que voltamos
Que non deixaremos morrer a herdanza das que en pé ficaron

Que somos e fomos, que non teremos amo
Que a loita será loita mentres quede unha galega no agro

Pariremos soles e lúas só para amosarvos que
Despois de roubárnolo todo ...Aínda somos ricas, aínda somos bravas

Que chegará o día no que nós seremos as nosas propios amas
Que serán as fillas da terra as que nela sementarán
Os pulos das nosas almas os sonhos por fin acadados
Que non haberá caciques nin leis que nos dobreguen coma trapos
Que seremos un pobo ceibe
Que somos,fomos e seremos aire, terra e desengano
Que nin eu nin ti nacemos para ser escravas

Arderemos solpores e pariremos á alba un tempo novo, un novo ano
E será ese nacemento o que pagará  tódalas noites caladas
Os estigmas todos das que un día loitaron...

Aínda que estas sexan só verbas, trazos nun papel…

Só a palabra dunha  retornada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario