Eu tamén florezo con vos entre os Dentes de León nas cunetas;
abrazadas na nosa lingua permanecen a
soidade e a tristeza dunha historia non contada.
![]() |
| Foto: Óscar Millarengo. |
As sen memoria estamos obrigadas a vivir
a medias, coma covardes que non somos.
Aínda que sexamos carne que quere esquecer, vivimos voltas ás estrelas.
Seguimos deixando as ventás abertas,
coa esperanza de que nos inunde todo o ceo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario