Queímo-me.
Os meus pasos seguen o teu cadaleito mentres
a miña alma corre en dirección contraria.
Hai un corazón que latexa cravado no portón dunha igrexa abandoada.
Os soños quedan conxelados entre o cerebro e a retina,
as bágoas calcificadas cando a bolboreta bate as alas.
Somos as póstumas sen pelotón de fusilamento.
Hai cen corazóns cravados na porta dunha igrexa abandoada.
Hai unha volvoreta negra que abandoou o campo de batalla.
A miña alma segue correndo en dirección contraria.
Ti voas entre tronos, lampos e refachos,
vivirás na treboada ata que chege a alba.

No hay comentarios:
Publicar un comentario