jueves, 20 de mayo de 2021

Ignífugo

 

Chegará o día no que non teña para ti nen un so verso, nen unha palabra...

Mais mentres ese tempo non chegue, escribireiche poemas, textos, historias dende o máis profundo da miña incomprensión, dende o máis profundo da miña esencia, só como agradecemento perplexo a esa capacidade túa de facerme sair da monotonía, de poñerme en contacto coa outra eu, coa que navega nas palabras impías sen preguntarse nada, sen facer nada máis que fiar no fío do noso destino.


Mans incombustibles percorren cada curva do meu corpo.  Férveche a boca de tantos bicos ardentes, de tantos bicos duros coma o cemento.


Árdeme a alma en cada cama que comparto contigo, que lembro cando xa non quero lembrarte.


E acabo volvendo ós teus brazos que son o leito do meu río.  Que es ti a paz, a miña calma, a pedra que soporta o meu lume, esa árbore que sorrí, que resiste á miña laparada desesperada e me acepta sempre, aínda que eu non queira  que contes por aí a nosa pertenza.


E perdóasme tódalas desleadades.

E non me esixes que che devolva o tempo perdido.


Ti que resistes á lava do meu volcán

Es ignífugo?

No hay comentarios:

Publicar un comentario